Tertulia

Etiquetas:
06/10/2018

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira fai  público o programa Outono Cultural 2018 que dará comezo o 18 de outubro na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, onde se desenvolverá a primeira das Tertulias programadas. Abrirá estas actividades o pintor Xoán Guerreiro ao que lle seguirá na seguinte sesión destas  Tertulias xa no mes de novembro a música Ugía Pedreira.

Tamén o colectivo volve programar neste outono os Xoves musicais. Serán no mes de novembro no Teatro Pastor Días e neles actuarán o grupo caboverdiano BatukoTabanka e o Coro da Mariña.

Completará esta programación de outono, que conta coa axuda económica da Deputación de Lugo, a proxección de dúas películas de temática social: Hippocrate, de Thomas Liti, un achegamento á condición laboral da medicin;  e Pride, de MattewWarchus, unha...

leer más
Etiquetas:
06/12/2015
O restaurante Fumarel, de Ribadeo, será escenario este luns, 7 de setembro, da tertulia de Radio Voz A Mariña a partir das 11:15 horas.
 
Nova tertulia de RadioVoz A Mariña este luns, 7 de decembro, e cunha nova ubicación. Será no restaurente Fumarel, en Ribadeo, sito na rúa Doutor Moreda, nº 4.
 
O horario de emisión será de 11:15 a 12 horas a través dos diales 102,3 da FM para A Mariña Oriental e Central e a través do 88,5 para A Mariña Occidental.
 
Os tertulianos serán: José Carlos Rodríguez Andina, ex alcalde de Ribadeo polo PP, ex vicepresidente 1º da Deputación de Lugo, ex director do IES Dionisio Gamallo Fierros e ex xefe territorial de Cultura da Xunta; Jesús Pérez Moreda, ex concelleiro do BNG en Ribadeo e agora afiliado do PSOE, ademais de membro do comité provincial deste partido; e Carmen Cruzado,...
leer más
Etiquetas:
29/11/2015
Este luns, 30 de novembro, haberá nova tertulia de Radio Voz A Mariña desde o Hipermercado Eroski de Ribadeo.
 
Nova tertulia de Radio Voz A Mariña desde o Hipermercado Eroski, de Ribadeo, este luns, 30 de novembro, a partir das 11:15 horas. 
Sobre a violencia de xénero e a “importación” de costumes coma o Black Friday, entre outros asuntos, falarán X.M. Piñeiro (sindicalista e voceiro de Compromiso por Galicia en Burela), Dores Fernández Abel (presidenta da asociación Francisco Lanza) e Juan Antonio Pérez Alonso (enxeñeiro técnico industrial e ex locutor en Cope de la Costa). 
Na tertulia celebrada o pasado luns estiveron Orlando González (ex alcalde de Mondoñedo), Mercedes Rodríguez (xerente da OPP de Lugo) e Ramón Acuña (presidente do Real Club Náutico de Ribadeo). 
As persoas que o desexen poden asistir e presenciar en directo o debate, xa que no Hipermercado Eroski hai unha zona de sillas habilitada para elas. 
 
Etiquetas:
22/11/2015
Nova tertulia de Radio Voz A Mariña este luns, 23 de novembro, desde o hipermercado Eroski, de Ribadeo.
 
Este luns, día 23, terá lugar a segunda tertulia de RadioVoz A Mariña no hipermercado Eroski de Ribadeo. Os tertulianos serán: Orlando González, ex-alcalde de Mondoñedo e candidato ao senado por Nós-Candidatura Galega; Ramón Acuña, presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, ex deputado provincial do PSOE e ex concelleiro socialista en Ribadeo; e Mercedes Rodríguez, xerente da Organización de Productores Pesqueiros de Lugo.
A tertulia comezará ás 11:15 da mañá e todas aquelas persoas que o desexen poden acudir vela en directo, xa que terán un lugar habilitado para poder sentarse. Na do luns pasado participaron Dores Fernández Abel, José Carlos Rodríguez Andina e Jesús Pérez Moreda.
Radio Voz pódese escoitar a través do 102.3 (na...
leer más
Etiquetas:
15/11/2015
Radio Voz A Mariña emitirá este luns, 16 de novembro, unha tertulia de actualidade desde o hipermercado Eroski, en Ribadeo.
 
Dende este luns, 16 de novembro, Radio Voz A Mariña emitirá unhas tertulias dende o CC Eroski abertas ao público.
Emitiranse os luns dende as 11:15 e ata as 12 e para a primeira contarase coa participación de: Jesús Pérez Moreda, José Carlos Rodríguez Andina e Dores Fernández Abel. Os contertulios contrastaran puntos de vista sobre temas de actualidade como: a Deputación de Lugo ou as eleccións do 20 D.
A tertulia estará conducida por Félix Jorquera e habilitarase un espazo para que quen o desexe poda escoitar in situ o programa
Etiquetas:
11/04/2015
"Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón". Así se denomina a tertulia que terá lugar o 18 de abril en Viveiro.
 
O vindeiro sábado, 18 de abril, os mariñaos terán a oportunidade de coñecer  máis datos arredor do mosteiro de San Miguel da Coelleira e tamén da vila asulagada de Estabañón. Serán Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da USC, xunto co presidente da asociación sociocultural MariñaPatrimonio, Manuel Miranda, os protagonistas da tertulia convocada polo colectivo viveirés Pensamento e Sementeira,  que se desenvolverá , desde as sete da tarde, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
Segundo explican desde o colectivo organizador "recentemente Manuel Miranda tense preocupado sobre o futuro dos restos en Area-Faro e fixo pública a situación de precariedade na que se atopa este sitio arqueolóxico polo que, para o colectivo organizador desta tertulia, é a...
leer más
Etiquetas:
06/04/2015
Pensamento e Sementeira organiza unha tertulia aberta ao público con Manuel Gago e Manuel Miranda. Será o 18 de abril na biblioteca municipal de Viveiro.
 
O vindeiro18 de abril, ás 19 horas, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza unha tertulia aberta ao público que contará coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.
“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro e  na que tamén  se proxectarán imáxes sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón. 
Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia e...
leer más