Destino
A Área de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo ven de lanzar unha nova campaña publicitaria baixo o lema Estamos Listos, que se apoiará en varios soportes promocionais. O obxectivo pasa pola promoción de Ribadeo como destino turístico este verán.
O edil Pablo Vizoso dixo que “neste caso, o primeiro paso é a proxección e distribución dun vídeo, co que se quere deixar claro que este concello mariñán está de novo listo para recibir visitantes, aínda que realmente nunca deixou de estalo”.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local explicou que “neste primeiro vídeo utilízanse de maneira simbólica e como escenario as impresionantes formacións rochosas da praia de As Catedrais. Neste senso, cabe recordar que o nome orixinal deste coñecido e internacional areal é o de Augasantas, en referencia ás...
leer más