Marcos Waldemar
O ilusionista Marcos Waldemar, campión de España de Maxia 2025 e semifinalista da décima tempada de Got Talent, presentará o seu espectáculo Inherente o sábado 21 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
O Concello de Burela explica que “Inherente trátase dun espectáculo de maxia unipersoal no que o artista percorre o seu propio camiño dentro do ilusionismo e introduce elementos relacionados coa historia e a figura do Conde de Waldemar, un dos grandes magos do século pasado do que Marcos é herdeiro. A función incluirá diferentes disciplinas da maxia, entre elas cartomaxia, mentalismo e ilusións participativas. Un espectáculo dirixido a público familiar que combina recursos de maxia, humor e teatro para contar unha historia única e emocionante. As entradas anticipadas con desconto xa están...
leer másO mago Marcos Waldemar actuará en Ribadeo este venres, día 20 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.
O Concello de Ribadeo anuncia que “Marcos Waldemar presenta Inherente, o seu espectáculo máis persoal. Unha historia de maxia, legado e identidade onde vivirás o imposible a centímetros: cartomaxia, mentalismo, ilusións participativas. E din que incluso pode nevar. Un show familiar que emociona, sorprende e che fará mirar cara dentro. Atréveste a cruzar o espello?”.




