Mago
01/09/2021
O Mago Antón actuará en Lourenzá este domingo, día 5. Será no seu vehículo con escenario, que se instalará na praza César Chavarría para presentar A volta a Galicia en 313 concellos.
As entradas son gratuítas e haberá funcións ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas.
09/08/2021
O Mago Antón estará en Alfoz co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos o día 29 de agosto, domingo, con oito sesións desde as 12:00 ata as 21:00 horas, que se poderán desfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades.
O vehículo escenario do Mago Antón estará en Alfoz situado diante do pavillón polideportivo e da piscina municipal.
Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22.