O Mago Antón estará en Alfoz o 29 de agosto para ofrecer oito sesións do seu espectáculo.

O Mago Antón estará en Alfoz co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos o día 29 de agosto, domingo, con oito sesións desde as 12:00  ata as 21:00 horas, que se poderán desfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades.

O vehículo escenario do Mago Antón estará en Alfoz situado diante do pavillón polideportivo e da piscina municipal.

Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22.