Acuática

Etiquetas:
05/07/2017

A praia focense de Tupide acollerá unha festa acuática infantil este fin de semana, sábado 8 e domingo 9. O evento foi presentado pola concelleira de Xuventude, Mercedes González, e Ibán García, da empresa IG10, que se ocupa da xestión desta actividade.

Dende a organización explicaron que “o sábado, 8 de xullo, a partir das 15:30 horas teremos unha festa acuática infantil con tobogáns, inchables acuáticos,… E o domingo, 9 de xullo, ás 17:30 horas as motos de auga toman un ano máis a ría de Foz, grazas á colaboración do club Galijet co Concello. Todas as persoas a partir de 6 anos están invitadas a dar un paseo pola nosa fermosa ría con pilotos deste club”.