Tomate

01/10/2019

No salón de plenos da casa consistorial de Mondoñedo foi presentada a nova liña de produtos da empresa Mariña Bienes y Servicios, acollidos á marca de garantía Horta de Mondoñedo. O representante da empresa, Jorge Losada, estivo acompañado pola alcaldesa, Elena Candia, e pola coordinadora da marca de calidade Horta de Mondoñedo, Zoila Gulín.

Mariña, Bienes y Servicios inicia a distribución de derivados do tomate, como son tomate frito, marmelada de tomate e tomate natural triturado, baixo a marca Hortas de Galicia, acollida á Horta de Mondoñedo. Por esta vía, a empresa dará saída ás pezas do tomate que produce que, pola súa morfoloxía, non son comerciais. Está previsto que a distribución da primeira remesa se inicie de inmediato. A firma mindoniense fará promoción dos seus produtos en grandes superficies comerciais.

... leer más