O mago Rafa actuará en Alfoz o sábado 16 de marzo

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha actuación do mago Rafa o sábado 16 de marzo.

O Concello de Alfoz explica que o mago Rafa é “un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender. Durante todo este tempo traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles,... Pero sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idade”.