Matinal

Etiquetas:
21/05/2021

O Concello de Viveiro organiza, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música do municipio, o concerto matinal da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello, o vindeiro 29 de maio. A cita terá lugar a partir das 12:30 no Salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e continuará ás 13:30 no Salón Multiusos do Concello. 

O concerto ofrecerá pequenas intervencións de diferentes violonchelistas e outros instrumentistas que demostran a versatilidade do violonchelo como instrumento só e en conxunto. Os intérpretes tocarán a música de compositores como J.S. Bach, W.A. Mozart ou A. Piazzolla. Ademais, parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro participará na actuación.  

A Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello promove dende a súa fundación en 2011 actividades...

leer más