Percusión

Etiquetas:
18/11/2019

O vindeiro mércores, 20 de novembro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura un concerto didáctico de percusión. Será ás 12:30 horas. Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal,“este concerto pretende amosarlle ao público a combinación entre os diferentes instrumentos de percusión e a música electrónica. Cales son as diversas posibilidades  da  música  contemporánea actual combinada con outras músicas máis populares e urbanas”.
 
Carballal sinalou que “o programa composto por 6 obras abarca instrumentos de parches como toms, bongós, caixa, bombo, pandeireta, instrumentos caseiros coma son os tubos metálicos, as tixolas ou potas, placas de ferro e tamén instrumentos melódicos como a marimba.As diferentes formas de facelos sonar, mediante o uso de diferentes baquetas, variñas, escobillas ou incluso as propias...

leer más
Etiquetas:
25/03/2019

O vindeiro mércores, 27 de marzo, ás 19.30 horas celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos de percusión.

Segundo explica o director do centro Xan Carballal “o repertorio incluirá pezas sacadas do repertorio popular mesturada con obras de autores clásicos e modernos”. 

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.

 

 

Etiquetas:
07/05/2018

A aula de percusión da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este mércores, día 9, ás 19:00 horas, nas instalacións da propia Escola. A entrada é libre e gratuíta.

O director da Escola, Xan Carballal, salienta que “se tocarán unha serie de pezas clásicas e modernas de distintos niveis, abarcando tanto cancións populares, francesas, inglesas, etc…, como de autores de prestixio, é o caso de Offenbach e Michael Jansen, entre outros”.

As pezas estarán interpretadas polos alumnos Mateo Medina Álvarez, Xabier Diz Expósito, Noel Cayón Meitín, Julia García Ramil, David Pita Pernas, Franklin Olaya Saavedra e Pedro Balseiro Santos.