En outubro comezarán en Burela as clases de gaita e percusión, que organiza a Sociedade Cultural Ledicia.

A case nada da entrada oficial do outono, e coa actividade escolar xa asentada, a Sociedade Cultural Ledicia retoma tamén o ritmo habitual da escola de baile e música tradicional. 

As clases de gaita e percusión comezarán a primeiros de outubro; as persoas interesadas en participar en calquera das modalidades (baile, canto, pandereta, percusión e/ ou gaita) poden contactar con Ledicia a través do mail lediciascr@gmail.com ou nos seguintes teléfonos 696 22 33 04 (Idara) 666955578 (Sonnia) ou 667502767 (Sofia)

Tamén no mes de outubro agardan reiniciar os cursos de bordado e encaixe de bolillos, para o que as persoas interesadas poden informarse no 616995097 (Rocío)

Desde Ledicia subliñan: “comezamos esta nova etapa con ánimos renovados e coa intención de aprender e disfrutar traballando pola cultura”.