Parques

Etiquetas:
17/07/2020

Por mor do Covid-19, co fin de garantir as máximas precaucións sanitarias,  e tendo en conta a mellora da situación sanitaria dende o Concello de Xove informan que:
-Seguen pechados os espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón, ..) e  culturais (salón de actos,..)  ata novo aviso. 

Aínda que se establecen dúas excepcións: 
-Ábrese ao público a Boleira de Sumoas, debido a que se trata dun espazo aberto e ao aire libre. Loxicamente, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla.
-Ábrese novamente ao público a Biblioteca Municipal,  de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla.

Ademais, ábrense ao público os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro. 

Etiquetas:
23/06/2020

O Concello de Foz procedeu hoxe, martes, á reapertura dos parques infantís no casco urbano e parroquias.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a crise do COVID-19 supón un gran problema de operativa e de custos para os concellos: a Xunta de Galicia lexisla pero non nos transfire fondos para as desinfeccións e limpezas que impón, que deben ser asumidos polas arcas municipais. As dificultades son moitas, nótase a falta de comunicación coa administración máis próxima aos veciños, a local”.

O rexedor municipal anuncia que “nos parques abertos disponse un cartel informativo indicando as normas de hixiene e de uso do espazo así como o aforo máximo permitido, que se debe respectar. As instalacións de uso común de cada parque serán desinfectadas diariamente, tarefa asumida por traballadores municipais. Quero incidir en que...

leer más
Etiquetas:
19/06/2020

A Concellaría de Medio Ambiente anuncia que desde mañá estarán abertos cinco parques de xogos infantís da vila. Son os de San Francisco, o de San Miguel, o do Cargadoiro, o da Escola de Idiomas e o de Pintor Fierros. En todos haberá hidroxeles para a desinfección de mans e carteis explicativos coas recomendacións que se deben ter en conta. O Concello irá procedendo á apertura paulatina do resto de parques que hai en Ribadeo.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, contou que “o Concello de Ribadeo vai empezar paulatinamente a abrir os parques de xogo para os nenos e nenas da vila, esta fin de semana, a partir de mañá, sábado”.

O edil explicou que “imos empezar polo da rúa San Francisco, que é o de máis afluencia, despois o parque de San Miguel, o do Cargadeiro, o da Escola de Idiomas e máis o de Pintor...

leer más