O Concello de Xove abre ao público a boleira de Sumoas, a biblioteca municipal e tres parques.

Por mor do Covid-19, co fin de garantir as máximas precaucións sanitarias,  e tendo en conta a mellora da situación sanitaria dende o Concello de Xove informan que:
-Seguen pechados os espazos públicos deportivos (piscina, campos de fútbol, pavillón, ..) e  culturais (salón de actos,..)  ata novo aviso. 

Aínda que se establecen dúas excepcións: 
-Ábrese ao público a Boleira de Sumoas, debido a que se trata dun espazo aberto e ao aire libre. Loxicamente, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla.
-Ábrese novamente ao público a Biblioteca Municipal,  de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, con aforo reducido e uso obrigatorio de mascarilla.

Ademais, ábrense ao público os 2 parques públicos de Xove e tamén o de Palmeiro.