Xente

Etiquetas:
23/12/2021

A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o vindeiro domingo, 26 de decembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Avelino González "Contos de boa xente". 

Como di o propio Avelino González: “a última vez que fun famoso foi porque facía de Miñato na serie Padre Casares e agora conto historias sen pantalla polo medio. As historias son para todos os públicos e segundo o público que haxa conto unhas ou outras. Nestes días que non sabemos se imos para adiante ou para atrás, os contos son seguros e divertidos”.

 

Etiquetas:
06/04/2016
O colectivo Chilindrín, de Celeiro, organiza o IX Encontro Chilindrín, que se celebrará o 16 de abril no restaurante Louzao, en Area.
 
A Asociación Cultural Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín organiza para o sábado día 16 Gancho a Popa!!, o IX Encontro Chilindrín, unha xuntanza da xente de Celeiro.
 
Éste terá lugar no Restaurante Louzao, en Area, ás 22:00 horas. O prezo é de 35 euros, que inclúe cea e baile. As entradas poden mercarse no bar Rolindes ata o día 14.