Rinlo

Etiquetas:
07/07/2026

O día 22 de agosto, sábado, disputarase a oitava Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que organiza o Club Atletismo Ribadeo. A presentación foi nas inmediacións do Pazo de Ibáñez e contou coa participación de representantes do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa, así como de patrocinadores e membros do club organizador.

Son 14 as categorías que se disputarán desde pitufos ata veteranos: “de pitufos a alevín desenvolveranse arredor do parque de San Francisco, infantil e cadete sairán desde o faro da Illa Pancha e a proba absoluta, de 9 quilómetros, partirá de Rinlo e rematará en Ribadeo diante do Concello”, explican desde o Club Atletismo Ribadeo, que tamén anuncian que “ata o momento son 266 as persoas inscritas e o prazo remata o 19 de agosto ás 23:59 horas. Tod@s @s participantes levarán unha bolsa do corredor con diversos agasallos...

leer más
Etiquetas:
23/03/2026

Rinlo acollerá a terceira festa gastronómica do mexillón o vindeiro 3 de abril. O evento foi presentado pola Asociación de Veciños o Cantal e polo Concello de Ribadeo. 

Conchita González, presidenta de O Cantal, comentou que “dende a Asociación de Veciños O Cantal, vimos de presentar, e como non a animarvos a que nos acompañes na terceira edición da festa gastronómica do mexillón. O vindeiro 3 de abril temos unha cita imprescindible en Rinlo, un fermoso pobo mariñeiro, coñecido polo seu carácter tradicional, polas súas cetarias e pola excelente gastronomía ligada ao mar. Nesta ocasión volve ser o gran protagonista o mexillón, un produto estrela que poderedes degustar nun ambiente festivo e mariñeiro único”.

E relatou que “para acompañar esta xornada gastronómica contaremos coa actuación dos Festicultores e coa...

leer más
Etiquetas:
20/01/2026

O vindeiro 1 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar en Rinlo o primeiro paseo guiado do novo programa “Descubrindo o Noroeste”, unha iniciativa divulgativa de Guido Guía e outros 12 guías que pretende dar a coñecer o patrimonio, a historia e o modo de vida das localidades do noroeste peninsular a través de itinerarios abertos ao público.

A actividade estará guiada nesta ocasión por Ana Pena, guía oficial de Turismo de Galicia, e levará ás persoas participantes a descubrir a realidade mariñeira de Rinlo, unha vila costeira con forte identidade vinculada ao mar e á construción de cetarias. Ao longo do percorrido abordarase a súa evolución histórica, o aproveitamento do seu litoral, e a relación da comunidade co medio mariño.

O paseo, de 4 quilómetros de distancia e dificultade baixa, terá unha duración aproximada de...

leer más
Etiquetas:
26/11/2025

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada aos callos este domingo, día 30 de novembro, desde as 14:00 horas. É para colaborar coa comisión organizadora das festas patronais, na honra a San Pedro.

A asociación de veciños O Cantal, de Rinlo, anuncia: “este domingo, 30 de novembro, ás 14:00 horas na Escola Vella de Rinlo temos planazo! Anímate a vir ao noso almorzo especial, onde gozaremos duns callos feitos con moito agarimo, todo cun obxectivo precioso: colaborar coa Comisión de Festas de San Pedro. Ademais contaremos coa presenza do gran DJ Alejandro Martínez, que nos fará mover o esqueleto durante toda a tarde! E ás 18:00 horas chega o momento máis doce: chocolate con biscoito, rosquillas caseiras e algunha que outra sorpresa!”.

Etiquetas:
30/07/2025

Este sábado, 2 de agosto, terá lugar unha nova edición da Festa do Percebe de Rinlo, que contará por terceiro ano con servizo de transporte gratuíto entre Ribadeo e Rinlo e viceversa.

O alcalde, Dani Vega, contou que “chegou o percebe, chegou unha das maiores festas gastronómicas de toda Galicia que pon en valor o produto do mar, na que se pon en valor tamén unha forma de traballar, unha forma de vida e  por iso recordamos a todas as percebeiras e percebeiros que defenden a forma de vida dun sector tan importante como é o sector do mar”.

O rexedor declarou: “poñer en valor tamén o produto gastronómico.  Evidentemente, por todo Galicia hai festas gastronómicas que queren enxalzar o produto do mar e o percebe nace con esa vocación e sigue.  A festa do percebe xa está no calendario de todos os ribadenses, tamén de...

leer más
Etiquetas:
29/06/2025

A parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.

Etiquetas:
19/06/2025

O Centro Dramático Galego (CDG) presentará na praza da parroquia ribadense de Rinlo o espectáculo Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio, de Mariña Lestón. Será este sábado, día 21 de xuño, ás 22:00 horas.  

“Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo”, anuncia o Concello de Ribadeo.

03/06/2025

A cociñeira e mariscadora de Rinlo Concepción Losada Fernández, tamén coñecida como Concha, xubilouse o pasado domingo e foi homenaxeada polos seus compañeiros do restaurante ribadense A Horta de San Roque, durante unha cea celebrada onte, luns, no establecemento Delira Gastronómica, de Ribadeo.

Concha Losada, que naceu na parroquia ribadense de Rinlo, exerceu o marisqueo -sobre todo como percebeira- desde moi nova e compaxinou ese labor co de cociñeira en hostalería desde os 17 anos ata agora, cando rematou a súa ampla traxectoria en A Horta de San Roque. Antes traballou en varios establecementos dos municipios de Ribadeo e de Barreiros nos que destacou pola elaboración de arroces, que son a súa gran especialidade. Como din os que a coñecen ben, “o mar e a cociña son moi importantes na vida de Concha”.

Na cea con...

leer más
05/04/2025

Rinlo acollerá a segunda mexillonada o vindeiro 18 de abril, Venres Santo.

Dará comezo ás 12:30 horas na carpa instalada na praza de San Pedro. Haberá servizo de bar con ReyMa, de Riotorto. A amenización musical correrá a cargo de Festicultores e Alejandro Martínez.

A II Mexillonada está organizada pola asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia. 

O alcalde, Dani Vega, anima a participar nesta cita: “é unha alternativa gastronómica para a Semana Santa, que se irá consolidando pouco a pouco. O ano pasado resultou moi ben e agardamos repetir éxito neste 2025. Convidamos a veciños da contorna e a visitantes a achegarse a Rinlo o vindeiro 18 de abril”.

No acto de presentación participaron o rexedor, o conselleiro do...

leer más
Etiquetas:
24/12/2024

A Escola Vella de Rinlo, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto este sábado, día 28 de decembro ás 18:00 horas. Actuarán Erikas e Peluxías e O Resol.

Está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía e o Concello de Ribadeo.