Festa do Percebe
A Festa do Percebe de Rinlo, que se celebrará o día 1 de agosto, sábado, contará de novo con Percebus. O Concello de Ribadeo aumenta o servizo pola noite.
O alcalde, Dani Vega, anunciou: “o sábado 1 de agosto celebramos a Festa do Percebe, que queren poñer en valor desde a agrupación de percebeiros e percebeiras e tamén desde a confraría en colaboración co Concello e coa Xunta. En primeiro lugar, destacar que é unha celebración para poñer en valor un produto de calidade e un produto do mar. E segundo, destacar a colaboración tamén, xa que é unha celebración que a Xunta de Galicia financia e polo tanto o noso agradecemento. E evidentemente á organización, que leva moitos anos preparando unha celebración para poñer en valor non só o produto do mar, senón tamén todo o seu traballo diario. Esta festa, que empezou hai moitos anos, que un grupo...
leer másEste luns tivo lugar a presentación do cartel da décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove, que este ano se vai levar a cabo o sábado 19 de xullo na praza do Centro Cívico. No acto estiveron presentes os organizadores, membros da Asociación de Festexos A Medorra (Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña) acompañados da primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín.
Ás 12 doce do mediodía dará comezo a festa co pregón a cargo de Basilio Otero (presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores) e a xornada gastronómica estará amenizada por Os Charangos de Neda e polos cantos de taberna do grupo Espera que vou mexar.




