Nocturno

Etiquetas:
05/07/2022

A Área de Igualdade do Concello de Alfoz organiza un campamento nocturno os días 19, 20 e 21 de xullo para rapazas e rapaces nados entre 2004 e 2009. É de balde e os participantes, que poderán gozar de actividades como kaiaks, tiro con arco, multideporte, xogos nocturnos, "contos de medo" a redor da fogata, busca do tesouro, piscina e moito máis.

As prazas son limitadas e as inscrición poden facerse a partir do 4 de xullo na Casa do Concello ou na sede electrónica municipal.

Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).