Calabash
O grupo ribadense de percusión Calabash retoma a actividade despois de oito anos para ofrecer un concerto en Ribadeo o día 31 de xullo, venres. Será ás 22:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O responsable de Calabash é o profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo Marcos Rodríguez Rodríguez, que anuncia: “Calabash é un grupo formado por persoas que estudaron e estudan na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Despois de oito anos sen actuar, decidimos retomar este proxecto, con moitísima ilusión e con moitas ganas de volver compartir a nosa música co público. Este concerto queremos dedícalo en primeiro lugar a todos os pais e nais porque son a peza fundamental para que proxectos como este saian adiante, polo seu apoio, a súa paciencia e o seu ánimo constante. Estou seguro de que moitos estarán acompañándonos...
leer más



