Sostible
A Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense continúa avanzando na implantación do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR con novas fases de asesoramento e traballo co sector produtivo e turístico local.
Nesta edición A Mariña foi o único destino galego seleccionado para formar parte deste proxecto de ámbito nacional, xunto coa Deputación de Cáceres, Fuerteventura, Urgell (Lleida) e Valencia, todos eles integrantes da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “o obxectivo do programa é integrar de maneira estruturada ao sector primario no sistema turístico local, promovendo experiencias agroturísticas sostibles que xeren novas oportunidades...
leer másNo salón de plenos do Concello de Ourol tivo lugar esta mañá a presentación do acordo acadado polas Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra co Clúster de Turismo de Galicia, que inclúe como criterio habilitante para entrar no produto Galicia Destino Sostible pertencer ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia.
A presidenta da Mancomunidade da Mariña, Rocío López, lembrou que “Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto que as Mancomunidades de Concellos da Mariña e Ferrolterra, co apoio dos convenios que ambas entidades asinan anualmente coa Axencia de Turismo de Galicia, puxeron en marcha xa no ano 2015, o que converteu nun proxecto pioneiro tanto en nesta comunidade coma en España”.
López dixo que “os negocios que forman parte de Turismo Slow Norte de Galicia cumpren un triplo compromiso: o ambiental...
leer másO salón de plenos do Concello acollerá o mércores, 24 de maio, ás 10:30 horas a presentación do programa Víveo Máis. Trátase dunha declaración de compromiso coa sostibilidade dos negocios turísticos de Ribadeo, que está aberta a todo o tecido local, e que pon en valor o territorio.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, manifestou que “despois do éxito e da boa acollida acadada co programa Ribadeo + Circular no que participaron distintos axentes da nosa hostalaría e restauración e do que saíron diferentes propostas de desenvolvemento a nivel local para os establecementos que se manifestan comprometidos coa economía circular e coa sostibilidade do turismo agora nace o programa Víveo Máis”.
O edil ribadense explicou que “se trata dun proxecto desenvolto polo Concello de Ribadeo en colaboración con...
leer másEstá aberto ata o 15 de xuño o prazo para participar na creación dun mapa de produtores de alimentación sostible do Eo.
Os Concellos da bacía do río Eo: Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego veñen de impulsar a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, “un proceso aberto a toda a cidadanía co que se busca de xeito colectivo determinar como mellorar a cadea alimentaria da bacía do río Eo”.
A través desa estratexia definiranse cales son as formas de produción e consumo máis sostibles para este territorio, así como han determinarse as accións que deben estar dirixidas a acadar unha renda digna para os produtores. “Trátase de prestar atención, por un lado, a quen, en que condicións, como e onde se producen, comercializan e distribúen os...
leer más






