Alimentación
O Centro de Saúde de Burela acollerá este venres, día 27 de marzo, unha actividade centrada na alimentación saudable, que terá lugar despois do paseo saudable organizado conxuntamente pola Estratexia Nacional de Saúde do Concello e o Centro de Saúde. A sesión desenvolverase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela e estará dirixida polo equipo de REGAPS da Dirección Xeral de Saúde Pública no marco do Programa de Promoción da Saúde. A actividade require inscrición previa no Concello de Burela ou a través do teléfono 982.586.000. Anunciouno o Concello de Burela, que engade: “durante a xornada abordaranse contidos teóricos e dinámicas prácticas relacionadas coa alimentación equilibrada, empregando ferramentas como o prato de Harvard, a preparación de alimentos de forma saudable e a planificación de comidas. O obxectivo da sesión é facilitar que a cidadanía poida...
leer másBurela acollerá os días 23 e 25 de setembro, martes e xoves, os obradoiros titulados Sexualidade na adolescencia e Alimentación na infancia.
O Concello de Burela explica que son “dúas xornadas gratuítas dirixidas a pais, nais, coidadores/as e a todas aquelas persoas interesadas en comprender mellor a realidade da sexualidade na adolescencia e para coidar da saúde dos máis pequenos a través da alimentación”.
Serán no salón de actos da antiga biblioteca municipal de Burela o día 23 (Sexualidade na adolescencia) e o 25 de setembro (Alimentación na infancia) de 16:00 a 21:00 horas.
As inscricións para participar poden facerse a partir deste martes, 16 de setembro, na Casa do Concello de Burela ou a través do teléfono 982.586. 000.
O vindeiro venres -20’ de decembro – presentarase en Burela a iniciativa de desenvolvemento arredor da produción alimentaria e da sostibilidade A Mariña Lab, promovida por Prato_Do e financiada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Mariña Lab configurarase como un instrumento para sensibilizar e formar en relación coa alimentación, a sostiblidade e a soberanía alimentaria no ámbito educativo e apoiar a creación e o desenvolvemento de proxectos produtivos neses ambitos, a través de encontros e accións coordinadas entre axentes do sector agroalimentario.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “a presentación Burela será o punto de partida para a posta en marcha dunha iniciativa que ofrece recursos de formación, asesoramento e sensibilización para desenvolver o potencial produtivo...
leer másO día 5 de novembro, martes, en horario de 16:00 a 21:00 no salón de conferencias do Pazo San Tomé, de Mondoñedo, impartirase o curso de alimentación na infancia dirixido a pais/nais, futuros pais/nais, coidadores/as...ou calquera persoa interesada.
Será impartido por Noelia Goás Gómez e os contidos son: lactación materna; lactación artificial; estudio de nutrientes; nutrición do bebé durante o primeiro ano de vida; alimentación tras o primeiro ano de vida; decálogo para fomentar nos nenos/as hábitos saudables na alimentación; intolerancia e alerxia a alimentos; e sobrepeso e obesidade infantil.
A inscrición ao curso, que é gratuíto, pode realizarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello e no teléfono 982.52.40.03-extensión 8. As prazas son limitadas.
O día 15 de outubro, martes, desenvolverase un curso gratuíto de Alimentación na Infancia no salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela. Será impartido por Noelia Goás Gómez de 16:00 a 21:00 horas.
A inscrición realizarase na Casa do Concello de Burela ou a través do número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.
Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.
Ribadeo será escenario os días 23 e 24 de setembro do FestivalEo da Alimentación Sustentable, que organiza Eo Alimenta. O evento foi presentado este mediodía.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “en Ribadeo no parque de San Francisco o venres 23 e o sábado 24 de setembro celebraremos a primeira edición do FestivalEo da Alimentación Sustentable, unha mestura de feira de alimentación de produtoras e produtores agroecolóxicos de proximidade, de artesanía, espazos de exposición, de debate e de dar a coñecer proxectos de realidades asociativas e empresariais relacionadas coa produción, coa distribución e co consumo de alimentos. Haberá moita actividade musical e animación durante estes dous días, como se recolle no amplo programa”.
O edil ribadense dixo: “aproveito para agradecer a axuda...
leer másMedio Rural da Deputación de Lugo impulsa o FestivalEo da Alimentación Sustentable, que se celebrará o venres 23 e o sábado 24 en Ribadeo co obxectivo de promocionar e poñer en valor a alimentación e a artesanía de proximidade.
A deputada Mónica Freire explicou que “se trata dunha iniciativa transversal dentro das liñas estratéxicas impulsadas dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo, xa que procura a redución da dependencia de materias primas do exterior dadas as condicións que se están dando tanto dende o punto de vista de cambio climático coma da escaseza nos mercados internacionais”.
“Debemos ser capaces de camiñar cara a soberanía alimentaria, fundamentalmente dende a produción primaria agraria. Actividades tan dinámicas como o propio Festival Eo de Alimentación Sustentable ou proxectos como a...
leer másAta o 16 de agosto pode visitarse no parque de San Francisco a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que forma parte do traballo do obradoiro Vencellos da Memoria. A mostra foi inaugurada hoxe.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “a exposición Alimentación cotiá, unha ollada ao pasado e ao presente, que podemos ver estes días no parque de San Francisco, forma parte do traballo realizado polos alumnos e polas alumnas da especialidade de gravación de datos do obradoiro de emprego para persoas mozas Vencellos da Memoria. É unha pequena, pero ao mesmo tempo gran mostra do enorme traballo que realizaron durante estes últimos meses, organizando a documentación de arquivos municipais de Ribadeo e de Barreiros, cun obxectivo claro e principal, que é preservar e difundir o patrimonio...
leer másEstá aberto ata o 15 de xuño o prazo para participar na creación dun mapa de produtores de alimentación sostible do Eo.
Os Concellos da bacía do río Eo: Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova, San Tirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego veñen de impulsar a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo, “un proceso aberto a toda a cidadanía co que se busca de xeito colectivo determinar como mellorar a cadea alimentaria da bacía do río Eo”.
A través desa estratexia definiranse cales son as formas de produción e consumo máis sostibles para este territorio, así como han determinarse as accións que deben estar dirixidas a acadar unha renda digna para os produtores. “Trátase de prestar atención, por un lado, a quen, en que condicións, como e onde se producen, comercializan e distribúen os...
leer másO venres, 14 de maio, ás 17 horas no salón de plenos do Concello de Ribadeo (Lugo) terá lugar o xornada pública de arranque da Estratexia Alimentaria Participativa Eo Alimenta.
Os territorios de Ribadeo, Trabada, Barreiros, A Pontenova xunto aos asturianos de Santirso de Abres, Vegadeo, Castropol, Taramundi e Tapia de Casariego súmanse para pensar entre todas e todos como se pode acadar unha alimentación máis san, xusta e sostible. Esta pioneira estratexia participativa é un proceso aberto co que, a través de diferentes encontros públicos, irase creando de xeito colectivo un plan coas accións correspondentes que axuden a conseguir un sistema alimentario máis sostible neste territorio galaico-astur.
Esta pioneira estratexia é un compromiso pola transición ambiental e o camiño de cara a consecución dos Obxectivos do...
leer más












