Nova tertulia de Radio Voz A Mariña este luns, 23 de novembro, desde o hipermercado Eroski, de Ribadeo.

Nova tertulia de Radio Voz A Mariña este luns, 23 de novembro, desde o hipermercado Eroski, de Ribadeo.
 
Este luns, día 23, terá lugar a segunda tertulia de RadioVoz A Mariña no hipermercado Eroski de Ribadeo. Os tertulianos serán: Orlando González, ex-alcalde de Mondoñedo e candidato ao senado por Nós-Candidatura Galega; Ramón Acuña, presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, ex deputado provincial do PSOE e ex concelleiro socialista en Ribadeo; e Mercedes Rodríguez, xerente da Organización de Productores Pesqueiros de Lugo.
A tertulia comezará ás 11:15 da mañá e todas aquelas persoas que o desexen poden acudir vela en directo, xa que terán un lugar habilitado para poder sentarse. Na do luns pasado participaron Dores Fernández Abel, José Carlos Rodríguez Andina e Jesús Pérez Moreda.
Radio Voz pódese escoitar a través do 102.3 (na Mariña Oriental e Central) e do 88.5 da FM (na Mariña Occidental).