Círculo Habanero

06/10/2026

O grupo Diavolinos, de Viveiro, actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este venres, día 9 de outubro, ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros.

Este evento está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “este venres temos concerto no Círculo Habanero da Devesa. Imos disfrutar dos Diavolinos. Defínense como un grupo de amigos con distinta orixe, pero cun punto en común, que non é outro que o seu amor pola música, e o que lles fixo confluír na Mariña Lucense”.

“No noso percorrido pola provincia de Lugo e, en especial pola Mariña, tratamos de recuperar temas de certa antigüidade, mais que seguen resoando na mente e no corazón de todos, dándolles, por suposto, o noso toque como grupo Diavolinos. Viaxamos coa nosa música por diferentes partes do mundo, acariñando distintas...

leer más
20/09/2026

A asociación cultural A Tribo da Travesía presenta a súa programación para o último trimestre do ano, que se desenvolverá nas instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no municipio de Ribadeo. Haberá catro actividades culturais, que serán os días 9 de outubro, 6 e 27 de novembro e 11 de decembro.

“Músicos da Mariña, Diavolinos, a cantautora Zeltia Irevire, o décimo aniversario dos Bailes da Tribo e teatro focego con Toupourroutou. Todo isto no Círculo Habanero, un espazo para conversar, bailar, coñecerse e recoñecerse en comunidade. Coma sempre haberá tapas caseiras, mimos e coidados”, anuncia a asociación A Tribo da Travesía.

31/12/2025

O venres 9 de xaneiro ás 20:30 horas actuará no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o cantautor cubano Óscar Sánchez.

A asociación cultural A Tribo da Travesía organiza este concerto e anuncia que “Óscar Sánchez, destacada figura no panorama de canción de autor contemporánea cubana, interpretará coa guitarra, o tres e a marímbula diversos xéneros da música cubana. Para darnos unha idea da súa dilatada traxectoria profesional só diremos que no 2019 foi convidado por Silvio Rodríguez a participar no concerto 104 da xira Interminable. Despois de  viaxar por lugares como México, Noruega, Alemaña e España, temos a sorte de poder contar coa súa presenza na Mariña, no Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo”.

O prezo da entrada é de 10 euros.