Cantautor
Xoán Curiel actúa este domingo, día 17, en Ribadeo dentro do ciclo Outras voces, no que a pasada fin de semana os asistentes puideron escoitar a Tonina Saputo.
Xoán Curiel chega ao Teatro de Ribadeo este domingo ás 20 horas cun concerto íntimo e acústico para o público adulto ribadense, antes de viaxar na semana seguinte nunha nova xira por Italia que o levará nesta ocasión a Roma, Perugia e Como.
Xoán Curiel dende hai anos desempeña a súa carreira en proxectos de adultos e infantís. Neste último caso con A Banda do Verán, coa que neste 2019 obteveron o Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de música infantil polo seu libro disco e espectáculo A Casa do Terror.
En abril deste mesmo ano presentou o seu sexto traballo discográfico, un novo libro-disco, homenaxe á figura de...
leer más