O restaurante Fumarel, de Ribadeo, será escenario este luns, 7 de setembro, da tertulia de Radio Voz A Mariña a partir das 11:15 horas.

O restaurante Fumarel, de Ribadeo, será escenario este luns, 7 de setembro, da tertulia de Radio Voz A Mariña a partir das 11:15 horas.
 
Nova tertulia de RadioVoz A Mariña este luns, 7 de decembro, e cunha nova ubicación. Será no restaurente Fumarel, en Ribadeo, sito na rúa Doutor Moreda, nº 4.
 
O horario de emisión será de 11:15 a 12 horas a través dos diales 102,3 da FM para A Mariña Oriental e Central e a través do 88,5 para A Mariña Occidental.
 
Os tertulianos serán: José Carlos Rodríguez Andina, ex alcalde de Ribadeo polo PP, ex vicepresidente 1º da Deputación de Lugo, ex director do IES Dionisio Gamallo Fierros e ex xefe territorial de Cultura da Xunta; Jesús Pérez Moreda, ex concelleiro do BNG en Ribadeo e agora afiliado do PSOE, ademais de membro do comité provincial deste partido; e Carmen Cruzado, xornalista afincada en Ribadeo, tras pasar por Cope Lugo, Cope Ribadeo, TVG en Lugo, Radio Voz Lugo e Onda Cero Galicia, entre outros. En 2008 puxo en marcha a empresa de comunicación e publicidade Faro Norte Comunicación.