Xacementos

Etiquetas:
06/04/2015
Pensamento e Sementeira organiza unha tertulia aberta ao público con Manuel Gago e Manuel Miranda. Será o 18 de abril na biblioteca municipal de Viveiro.
 
O vindeiro18 de abril, ás 19 horas, o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza unha tertulia aberta ao público que contará coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.
“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro e  na que tamén  se proxectarán imáxes sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón. 
Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia e...
leer más