Ilustrado

Etiquetas:
02/06/2023

O III Ribadeo Ilustrado terá lugar do 9 ao 11 de xuño. Esta edición estará dedicada ao porto comercial e corsario. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, deu a coñecer detalles da programación esta mañá. 

O edil ribadense explicou que “do 9 ao 11 de xuño chega a terceira edición do Ribadeo Ilustrado, que neste 2023 estará dedicado ao porto comercial e corsario. No salón de plenos do Pazo de Ibáñez vanse desenvolver unha serie de conferencias que incidirán na importancia do comercio marítimo e da pesca no Ribadeo dos séculos XVIII e XIX, do esplendor téxtil do noso concello tamén no século XVIII, así como da actividade corsaria desa época. Sen esquecernos do Ribadeo de hai 300 anos, visto polos ilustrados”. 

Vizoso Galdo contou que “a programación deseñada para esta terceira edición do Ribadeo Ilustrado inclúe,...

leer más
Etiquetas:
31/03/2023

Do 9 ao 11 de xuño celebrarase o III Ribadeo Ilustrado. O cartel foi presentado este mediodía polos concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero.

O edil ribadense contou que “este ano o tema central ao redor do que xirarán as actividades será Ribadeo, porto comercial e corsario. Tentaremos explicar que estaba acontecendo en Ribadeo e na contorna, na primeira metade do século XVIII para emerxer unha figura coma a de Raimundo Ibáñez”.

Pablo Vizoso lembrou que “a Área de Turismo leva tempo traballando na conformación da marca Ribadeo Ilustrado, dotándoa de contido a través de proxectos como os micro vídeos teatralizados, as rutas 360, visitas guiadas, visitas teatralizadas, e organizando no mes de xuño este evento que ano a ano vai medrando”.

O concelleiro de...

leer más
07/06/2022

A nova edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase desde este xoves, día 9, ata o domingo 12 cunha programación variada, chea de actividades vencelladas á xente do mar coa figura do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, como protagonista.

O xoves 9 ás 19:00 horas na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurarase a exposición Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, da Rede Museística Provincial de Lugo.

Ao día seguinte ás 19:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, haberá unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falará de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20:30 horas, terá lugar a representación teatral Chegada á vila de Ribadeo...

leer más
01/06/2022

Hoxe foi presentada a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García. 

Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron...

leer más