Máster-Class

Etiquetas:
23/09/2016
En Burela terá lugar o 1 de outubro unha máster-class en beneficio da protectora de animais "Bigotes". O evento conta coa colaboración do Concello.
 
O 1 de outubro celebrarase en Burela unha máster-class benéfica.
 
Terá lugar no pavillón dos institutos e esta máster-class de zumba desenvolverase entre as 11:30 horas e as 13:30 horas.
 
Nesta iniciativa en favor da asociación Bigotes Burela, protectora de animais, colabora o Concello.
 
O prezo para a asistencia á clase é de 3 euros e 1 euro para o público que acuda a presenciala.