Programa
O luns 19 de outubro dará comezo unha nova edición do programa Preto de Ti, do Concello de Ribadeo, que levará diversidade de actividades ás parroquias co obxectivo de fomentar o benestar e favorecer a participación activa da veciñanza
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anunciou que “dentro de unos días, el 19 de octubre, daremos comienzo a una nueva edición de las actividades de Preto de Ti, que realizaremos en As Anzas, Arante, Vilela, Cubelas, Couxela, Santalla, Vilaselán, A Rochela, Remourelle, A Devesa, Cinxe, Rinlo, Ove y Vilaframil”. As inscricións están abertas e as persoas interesadas poden obter información sobre as actividades e os horarios dispoñibles chamando ao teléfono 625.104.274.
A edil ribadense explicou: “tendremos manualidades, pintura, cestería, memoria, gimnasia, charlas socio...
leer másO Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa ActivaMENTE, unha iniciativa dirixida a pensionistas e persoas maiores de 55 anos que busca promover o envellecemento activo e saudable a través da estimulación cognitiva. As sesións desenvolveranse no Centro Sociocultural de Alfoz a partir do 13 de outubro e a inscrición permanecerá aberta durante todo o ano.
“O programa ofrece un espazo de aprendizaxe, participación e socialización no que se traballan aspectos como a memoria, a atención, a linguaxe, o razoamento ou a orientación, favorecendo así o mantemento das capacidades mentais e o benestar emocional das persoas participantes”, explica o Concello de Alfoz. E a alcaldesa, Efigenia Maseda, salientou que “ActivaMENTE é un programa moi valorado pola veciñanza de máis idade porque ofrece un espazo para...
leer másA XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado
A XXXIV Festa da Faba de Lourenzá celebrarase do 2 ao 4 de outubro e será pregoada por José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. Será o sábado 3 ás 12:00 horas.
Pero as actividades xa comezarán o venres: ás 20:00 horas haberá unha cata de viño comentada a cargo da adega Triay (D.O. Monterrei) no claustro do mosteiro; e desde ás 21:00 horas, verbena coa actuación de Toxo Guayaba e The Sound Project, no Campo dos bolos.
O sábado ás 11:00 horas será a apertura da XXXIV Festa da Faba, coas casetas de fabeiros na Praza do Conde Santo; stand Institucional do Concello de Antas de Ulla; demostración e exposición de artesáns e alimentación, en prazas e rúas da vila; inicio da XII Vespa Faba e Clásicos, na rúa Femández del Riego; e pasacalles coa Rondalla Mugardesa. Despois haberá...
leer másO Concello de Cervo abre o prazo de inscrición para unha nova edición do programa de ocio e tempo libre Brincos de Lecer coa Ra Ramira, que se desenvolverá ao longo do curso na Casa da Cultura de San Ciprián e que “se consolida tras a moi boa acollida das pasadas edicións”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou a programación acompañada por Alba Fernández e Carmela Rodríguez, encargadas de impartir, respectivamente, as actividades de Brincos de Lecer e o obradoiro Playing in English, que se desenvolve en colaboración coa English School de San Ciprián.
O Concello de Cervo explica que este programa “mantén a súa aposta por ofrecer ás familias un espazo de ocio educativo durante as tardes do curso escolar, con propostas adaptadas ás diferentes idades que combinan...
leer másA Deputación de Lugo retomou este martes a segunda quenda da sexta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial co obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio. Durante os meses de setembro e outubro realizaranse 54 viaxes nas que participarán máis de 1.200 persoas de 32 concellos de toda a provincia.
O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu na produtora de audiovisuais da institución provincial aos membros da Asociación de Veciños das Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro, de Lugo, que este martes visitan o faro de Punta Roncadoira, a contorna do Cabo de Morás ou as praias de Lago e Esteiro.
Así mesmo o Deputado de Promoción Económica e Social,...
leer másA Asociación Cultural Veiguello organiza, coa colaboración do Concello de Trabada e da Deputación de Lugo, o programa Veiguello 2026, que se desenvolverá entre os días 28 e 31 de xullo en diferentes parroquias do municipio.
O Concello de Trabada explica que esta iniciativa “volve apostar pola recuperación da memoria colectiva, a fotografía e o cine como ferramentas para poñer en valor a historia, o patrimonio e as vivencias da veciñanza, ao tempo que fomenta a participación e a creación cultural”.
O programa dará comezo o martes 28 de xullo, ás 17:00 horas, no Teleclub de Vilaformán, coa actividade Memoráreo, un encontro arredor de fotografías antigas no que se anima á veciñanza a participar levando imaxes antigas ou relacionadas coa emigración para compartir recordos e historias, nunha xornada que...
leer másO Concello de Burela anuncia que dará este sábado, 18 de xullo, o pistoletazo de saída ao programa Verán Acuático cunha festa na Praia Urbana, “unha proposta do Concello destinada a ofrecer alternativas de lecer para todas as idades e a converter os espazos públicos da vila en puntos de encontro durante os meses estivais. A actividade permitirá que nenos, nenas e familias gocen dunha xornada marcada pola diversión e polos xogos relacionados coa auga, nun dos principais espazos de lecer do municipio durante o verán.
Desde o Concello de Burela anímase á veciñanza e ás persoas que visiten a vila a achegarse á Praia Urbana e participar nesta primeira cita “dunha programación que combina actividade física, convivencia e goce dos espazos exteriores”.
A deste sábado será a primeira das dúas festas acuáticas...
leer másO Concello de Burela abre o prazo de inscrición dunha nova edición de Somos Verán, un programa de lecer estival dirixido a nenas e nenos que cursaron Educación Infantil e Primaria durante o curso 2025-2026. A iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto no CEIP Os Castros e contará cun amplo programa de actividades lúdicas e educativas.
O programa estrutúrase en catro quendas: do 1 ao 14 de xullo, do 15 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 11 de agosto e do 12 ao 25 de agosto. As actividades levaranse a cabo de luns a venres en horario de mañá (de 09:00 a 13:30 horas) e incluirán talleres, xogos, obradoiros e actividades relacionadas coa Bandeira Azul, entre outras propostas.
O prazo de inscrición estará aberto desde este xoves 11 ata o 15 de xuño e as solicitudes poderán presentarse a través do...
leer másA asociación Guillem Veiga Iglesias, en colaboración coa Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros, presenta Noites Alternativas, un novo programa de ocio nocturno inclusivo dirixido á xente nova da Mariña. O programa “busca ofrecer un espazo de encontro onde a xuventude poida participar, convivir e expresarse a través de propostas culturais e artísticas, afastadas dos modelos de ocio nocturno tradicionais”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “a iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, convertendo os xoves pola noite nunha cita destacada do verán para a mocidade de entre 13 e 18 anos”.
Entre as actividades inclúense obradoiros de rap e cultura urbana, graffiti e expresión artística, e outras propostas lúdicas como desafíos en equipo.
Noites...
leer másO Concello de Alfoz pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación estival Ludiverán, unha iniciativa “destinada a facilitar a compatibilización da vida familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrece aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e divertido. O programa está dirixido á rapazada nacida entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase entre o 29 de xuño e o 31 de agosto. O horario habitual será de 10:00 a 13:00 horas, ofrecéndose ademais a posibilidade de entrada anticipada ás 9:00 horas e saída ás 14:00 horas, adaptándose así ás necesidades das familias participantes”.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 5 e o 12 de xuño. As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou presencialmente na Casa do...
leer más












