Somos Verán

10/06/2026

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición dunha nova edición de Somos Verán, un programa de lecer estival dirixido a nenas e nenos que cursaron Educación Infantil e Primaria durante o curso 2025-2026. A iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto no CEIP Os Castros e contará cun amplo programa de actividades lúdicas e educativas.

O programa estrutúrase en catro quendas: do 1 ao 14 de xullo, do 15 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 11 de agosto e do 12 ao 25 de agosto. As actividades levaranse a cabo de luns a venres en horario de mañá (de 09:00 a 13:30 horas) e incluirán talleres, xogos, obradoiros e actividades relacionadas coa Bandeira Azul, entre outras propostas.

O prazo de inscrición estará aberto desde este xoves 11 ata o 15 de xuño e as solicitudes poderán presentarse a través do...

leer más
06/06/2025

O Concello de Burela lanza o programa de lecer Somos Verán, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos empadroados en Burela e que cursaran Infantil ou Primaria durante o curso 2024-2025. Haberá catro quendas: do 1 ao 11 de xullo; do 14 ao 24 de xullo; do 28 de xullo ao 8 de agosto; e do 11 ao 22 de agosto. Dispoñen de 75 prazas para cada unha.

O Concello de Burela explica que “as inscricións faranse do 9 ao 11 de xuño, entregando a folla cuberta na oficina de Gaia (de xeito presencial) ou por correo electrónico a gaia@burela.org. A listaxe de admitidos publicarase o 17 de xuño. As bases completas poden consultarse na sede electrónica e na páxina web. Un verán cheo de xogos, amizade e diversión!”.