Do 9 ao 11 de xuño celebrarase o III Ribadeo Ilustrado. Haberá charlas, música e teatro.

Do 9 ao 11 de xuño celebrarase o III Ribadeo Ilustrado. O cartel foi presentado este mediodía polos concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero.

O edil ribadense contou que “este ano o tema central ao redor do que xirarán as actividades será Ribadeo, porto comercial e corsario. Tentaremos explicar que estaba acontecendo en Ribadeo e na contorna, na primeira metade do século XVIII para emerxer unha figura coma a de Raimundo Ibáñez”.

Pablo Vizoso lembrou que “a Área de Turismo leva tempo traballando na conformación da marca Ribadeo Ilustrado, dotándoa de contido a través de proxectos como os micro vídeos teatralizados, as rutas 360, visitas guiadas, visitas teatralizadas, e organizando no mes de xuño este evento que ano a ano vai medrando”.

O concelleiro de Turismo explicou que “así, esta edición pretende ser moito máis ambiciosa, formará parte do programa un ciclo de conferencias onde participarán historiadores como: Alberto Paraje, Xoán Carmona Badía, Xosé María Leal Boveda, Xoán Ramón Fernández Pacios, representacións musicais e teatrais nas que destacan formación como L'Unisoni, Maestrissima e Molto Barroco”.

E engadiu que “haberá tamén lugar para as representacións teatrais a cargo de diversas formación locais e foráneas e non faltarán actividades para as crianzas".