Estudantes

29/11/2017

Oito alumnos italianos de FP, que cursan os seus estudios no CFP Zanerdelli, de Brescia, farán prácticas en Ribadeo, a onde chegarán a finais de xaneiro e onde estarán durante un mes. Así o anunciou o director xeral do CFP Zanerdelli, Marco Pardo, que a pasada fin de semana participou en Ribadeo nas actividades da II Semana Europea da FP, organizadas por Apaga. Pardo insistiu na importancia que teñen estas saídas formativas por centros europeos para coñecer as diferentes realidades que se dan en cada país. En Brescia entre o 70 e o 80% dos alumnos que fan FP atopan traballos estables. Os sectores do automóbil, perruquería e estética e cociña son as especialidades que teñen máis saída. En Italia a Formación Profesional divídese por rexións e cada unha está especializada en diferentes profesións. 

Marco Pardo, director xeral do CFP...

leer más