Autismo
O Cenima de Foz acollerá o día 2 de abril, xoves, desde as 10:00 horas unha xornada para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Esta actividade está organizada por dúas nais focenses, Eva Fernández Rivas e Eva Rubiños López, que queren dar visibilidade a dita condición e explican: “formamos parte dunha sociedade cada vez máis plural, onde todos somos importantes e válidos e buscamos darlle visibilidade a unha parte da poboación que se esforza cada día por encaixar. Como non hai nada máis valioso que o coñecemento e a información veraz e coa finalidade de facer accesible a todo o mundo as estratexias necesarias para abordar, axudar e entender esta neurodiverxencia, nace esta iniciativa que se desenvolverá o xoves día 2 de abril as 10:00 da mañá no salón de actos do edificio do Cenima e que terá as 12:30 horas unha...
leer másA Casa do Forno, en Celeiro (Viveiro), acollerá unha charla sobre autismo. Será o día 31 de xaneiro, sábado, ás 17:00 horas.
Anúnciao o Concello de Viveiro, que colabora coa Asociación de Familias Neurodivergentes de A Mariña Lucense y Ortegal (ASFANEMOR) nesta charla “imprescindible para visibilizar e comprender a realidade do autismo desde unha perspectiva de esperanza e superación. A sesión será impartida por Patricia Gómez, nai de Dani Blanco (@elvuelodedani), quen compartirá a súa experiencia baixo o lema O autismo, un camiño diferente, pero xamais imposible”.
A entrada de balde, ata completar aforo. Para inscricións e máis información as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 646.51.46.01 e do correo electrónico asfanemor@gmail.com.
... leer más




