O SLG organiza un curso de dixitalización na actividade agraria os días 18, 20 e 22 de marzo en Lourenzá

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso sobre dixitalización na actividade agraria para os días 18, 20 e 22 de marzo en Lourenzá, cunha duración de 12 horas. Será no Multiusos Ponte de Cuñas de 16:00 a 20:00 horas.

O prazo para inscribirse remata o 14 de marzo e as persoas interesadas en máis información poden contactar a través dos teléfonos 982.121.376 e 698.159.667 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.

É unha actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).