A IX Liga de Piragüismo reunirá a máis de 200 padexeiros en cada unha das súas 6 regatas, que serán en Lugo, San Ciprián, Ribadeo, Viveiro e Foz.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto co Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea García, e o Delegado Provincial da Federación, Martín Carballo Méndez, presentaron este xoves a IX Liga Provincial de Piragüismo, que terá lugar en Lugo, San Cibrao (Cervo), Ribadeo, Viveiro e Foz, posto que cada regata estará organizada por un dos seis clubs participantes na Liga.
 
Esta novena edición comezará o día 1 de maio, coa regata organizada polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e rematará en Foz o 7 de setembro coa probaorganizada polo Club Kayak. En cada cita competiránmáis de 200 padexeiros de todas as categorías, desde prebenxamíns a veteráns nas modalidades individuais de Kayak e Canoa (K-1 e C-1) tanto femininas como masculinas.
 
Rivera Capón subliñou que “esperamos aumentar o número de participantes nas regatas grazas ao traballo de promoción en colexios e nas actividades de verán levadas a cabo polos clubs”.A Liga é unha cita importante, pois supón unha forma de consolidación das categorías base dos equipos, posibilitando que poidan competir e mellorar ao longo da tempada. Ademais,nas anteriores edicións competiron varios padexeiros que tamén participaron en competicións nacionais e incluso internacionais.
 
Desenvolvemento das probas
As regatas disputaranse con tres distancias, adaptándose ás categorías, así os prebenxamíns, benxamíns e alevíns percorrerán 1.500 metros, a proba de infantil terá  3.000 metros e o resto das categorías (cadete, xuvenil, sénior e veterano)realizarán unha proba de 5.000 metros. O calendario será o seguinte:
 
- 1 de maio de 2019: Lugo. Club de Piragüismo Cidade de Lugo.
- 16 de xuño de 2019: Lugo. Club Fluvial de Lugo.
- 23 de xuño de 2019: San Cibrao, Cervo. CD San Ciprián.
- 13 de xullo de 2019: Ribadeo. CP Altruán.
- 18 de agosto de 2019: Viveiro. Club Piragüismo Viveiro.
- 7 de setembro de 2019: Foz. Club Kayak Foz.