Tecnoloxías
23/03/2016
As Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo porán en marcha un programa conxunto para lanzar unha Axenda das tecnoloxías de primavera, que se desenvolverá ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Trátase de microtalleres que teñen como obxecto fomentar a innovación capacitando ás persoas en novos coñecementos e habilidades no eido das tecnoloxías.
Serán píldoras formativas que versarán sobre temáticas concretas cunha metodoloxía eminentemente práctica, de escasa duración (4 horas principalmente) curtas e autónomas, facilitando así a participación das persoas interesadas.
Os microtalleres buscan fomentar as competencias dixitais en contidos útiles, prácticos e accesibles e están dirixidos especialmente ás empresas, persoas autónomas, comercios, ...
leer más