Burela acollerá unha gala solidaria de maxia o 30 de decembro. O recadado irá destinado á Asociación de Saúde Mental A Mariña.

O 30 de decembro ás 20:30 horas no Auditorio de Burela terá lugar Máxica-Mente, un evento organizado pola Asociación de Magos da Mariña e pola Asociación de Saúde Mental A Mariña, coa colaboración do Concello. Os magos  (Pi, Senín, Paredes, Aris e Joge) encherán de ilusión o auditorio. O prezo das entradas, que se venderán o mesmo venres no Auditorio, será de 5 euros. O recadado irá destinado á Asociación de Saúde Mental A Mariña.