Figueiras
San Martiño e Figueiras, no municipio de Mondoñedo, celebran as festas na honra a Santa Isabel esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de xullo.
As actividades comezarán o sábado ás 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén amenizará a verbena xunto a un DJ
E o domingo ás 13.00 horas celebrarase misa solemne, procesión e seión vermú co trío Merengue.
A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa.
A parroquia de Figueiras, no concello de Mondoñedo, celebrará a festa na honra a San Martiño este sábado, día 9 de novembro
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Fénix, que tamén amenizará na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.




