Máis de 600 persoas participarán na Toxiza Classic Xtreme que o 8 de abril se celebrará en Mondoñedo.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, quere destacar “o esforzo e o traballo” dos organizadores da Toxiza Classic Xtreme, que este ano será amáis multitudinaria, e que se desenvolve esta fin de semana.  Ademais, este ano, como novidade, inclúe unha andaina solidaria,  que terá lugar o día 8, na que o fondos recadadosirán destinados á Asociación Síndrome de Fires. Para o domingo 9, quedará a carreira en si.

Elena Candia agradece á asociación que “pensasen no noso concello” para desenvolver esta importante cita deportiva que reunirá en Mondoñedo a numeros participantes e, ademais, permite dar a coñecer un contorno como o da Toxiza, que a rexedora local cualifica “de valor natural inigualable”.“Sen lugar a dúbidas, como alcaldesa, é unha satisfacción que a nosa localidade sea o epicentro desta proba que reunirá a participantes de distintos lugares”, afirma.

Neste senso, e convencida de que “esta tamén é unha forma de dar a coñecer e potenciar o noso municipio”, adianta que dende a entidade local colaborarán intensamente coa comisión organizadora e impulsora, e que asistirá á marcha solidaria que terá lugar este sábado, así como á saída do domingo.

Desenvolvemento do evento deportivo
Toxiza Classic Xtreme é a terceira entrega dun evento deportivo que volverá a ser a primeira da Copa Galega de carreiras de montaña. Máis de 600 participantes xa están confirmados para participar nesta cita que discorre polos montes mindonienses. 

A proba, prevista para o domingo, constará de novo con tres distancias: 14, 21 e 42 quilómetros, econ treitos nos que o desnivel pode ser de 2.500 metros. Neste caso tamén existen novidades con respecto ás edicións anteriores, pois na proba de 40 pásase a 42 e 2.500 metros positivos; mentres que a de 20 pasa a 21 e de 1.100 a 1.300 metros positivos.

A carreira transcorrirá polos montes que rodean Mondoñedo, coa Toxiza e a Fraga Vella, e cuxos propietarios son as mancomunidades de Piloalle, Figueiras, Romariz e Estelo. Neste senso, a mandataria local tamén quere agradecer aos comuneiros a súa colaboración para o desenvolvemento do evento deportivo.

A zona de saída e meta estará na Praza da Catedral, salvo na proba de 14 quilómetros, que partirá da parroquia de Estelo. A organización ten prevista unha bolsa para cada corredor compostadun bote de mel Ouro Puro, unha bolsa de fabas de Lourenzá de Casa da Lama, unha cervexa artesá de Augas Santas e unha tarta de Mondoñedo da panadería Ana. A isto engádese unha camiseta conmemorativa e unha comida de confraternidade ao final da proba.