O Concello barreirense organiza MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual e solidario, que terá lugar do 21 ao 31 de decembro.

Xa está aquí, MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual que se celebrará entre os días 21 e 31 de decembro e que vai sacar o maior potencial solidario das persoas nestes tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.

Como? O evento reta a todas as persoas inscritas a percorrer un total de 6000kms (entre todas as persoas que participen) camiñando, correndo ou andando en bicicleta, destinando a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social da poboación do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).

E ademais, se o reto se conseguise, no sorteo que se realizará ao final do evento entregaranse cheques regalos cun valor total de 3000 euros que destinará o Concello de Barreiros, para comprar ou consumir nos establecementos locais asociados a esta iniciativa.

Así, se queres participar só te tes que inscribir a partir do 17 de decembro en https://maiskmsbarreiros.com. 

E se es un establecemento interesado en asociarte, ponte en contacto no número de teléfono 680 913 904 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 ou a través do correo electrónico tecnicadeportiva@concellodebarreiros.gal, antes do 27 de decembro do 2020.