Pandeireteiras

11/12/2019

Este sábado, 14 de decembro, terá lugar en Burela un concerto de Tanxugueiras. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas. A actuación enmárcase na axenda cultural de decembro do Concello. 

Este grupo de pandeireteiras presentará o seu segundo traballo titulado Contrapunto, no que presenta dez temas siameses, dez caras e dez cruces de diferentes momentos da vida narrados a través das letras que Tanxugueiras mantiveron vivas ata hoxe.

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío acompañan as súas voces e pandeiretas coas percusións de Isaac Palacín (Berrogüeto, Guadi Galego).

O grupo acadou o pasado ano o premio ao mellor álbum galego do 2018-Premios MIN de la Música Independiente, Premios Martín Códax da Música Folk e Tradicional, e o recoñecemento Mellores Músicas de Galiza 2018 por Que non...

leer más