Poemas

Etiquetas:
09/10/2022

O martes, 11 de outubro, ás oito e media da tarde terán lugar na Libraría Bahía, en Foz, 
Conversas arredor de Venecia Abandonada. 

O poeta Eduardo Estévez, autor do poemario Venecia Abandonada, e a poeta focega Natalia Alonso compartirán impresións,  ideas e emocións que xurden da lectura dos poemas.

Etiquetas:
18/02/2022

O Concello de Ribadeo e a Agrupación Cultural Francisco Lanza organizan un recital poético, que se celebrará o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar na rúa Rodríguez Murias.

A música correrá a cargo de Andrés Bermúdez ao piano e colabora a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.

Preténdese xuntar moitas voces dispares unidas polo amor ao idioma e faise un chamamento á participación comunicando aquelas persoas que o desexen o poema da súa preferencia antes do vindeiro martes, día 22, ás 14:00 horas no teléfono 982 131 565.

 

Etiquetas:
08/02/2021

O Concello de Viveiro pon en marcha a iniciativa “Voces para Rosalía” con motivo do día da escritora, Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. A proposta, impulsada dende a Concellería de Cultura, pretende sacar á rúa os poemas da escritora e dar a coñecer a súa ampla traxectoria literaria.

A acción anima á veciñanza de todas as idades a poñerlle voz a un poema de Rosalía de Castro. As persoas que desexen participar, poden inscribirse no teléfono 676 877799 ou na páxina de facebook da Programación Cultural de Viveiro antes do 20 de febreiro.

Deste modo, unha vez recibidas as propostas das persoas interesadas, o Concello de Viveiro enviará un poema a cada participante, quen deberá gravarse lendo o texto. O Concello compilará e editará todo o material recibido e publicará os vídeos para...

leer más
Etiquetas:
14/12/2020

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o domingo, 20 de decembro, ás 18:30 horas o concerto titulado Cantos de Amor.

A actuación correrá a cargo da soprano Victoria Álvarez Acón, con Vicente Castro Alonso ao piano, e está inspirada en poemas de Xosé Neira Vilas.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es.

Etiquetas:
05/02/2020
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz ven a convidar a todos os veciños e veciñas e a cantos queiran, a celebrar á nosa poeta no 183 aniversario do seu nacemento. Dende 2019 o espazo profundo conta cunha estrela que tras a decisión da Unión Astronómica Internacional foi nomeada como Rosalía de Castro. Foi tras das xestións da Agrupación Astronómica Io da Coruña. Esta Asociación cedeu á Concellería de Normalización Lingüística de Foz dous paneis informativos que inclúen a localización da estrela e información da galaxia onde se atopa. Poderanse ver dende o vindeiro 10 de xaneiro  ata o 3 de marzo na Biblioteca Salgado Toimil. Celebraremos tamén deste xeito o Día Internacional da Lingua Materna proclamado pola UNESCO e que ven celebrándose todos os 21 de febreiro. Desde a Concellaría focense sinalan que “a nosa lingua está en franco perigo....
leer más
14/02/2018

O Complexo Cultural Regal Xunqueira en Viveiro acolle este xoves, 15 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do poemario Las páginas del agua do que é autor o profesor do IES Vilar Ponte José Juan Martínez Ferreiro.

Neste acto lerán poemas do libro que se presenta, o poeta viveirense e autor do prólogo Xaime Oroza, e o propio autor J.J. Martínez Ferreiro. As lecturas estarán acompañadas da música de acordeón interpretada por Narciso Simón Rúa, e á percusión por Irene Rivas.

Ao final da lectura terá lugar unha charla coloquio sobre a poesía en particular e a literatura en xeral.

 

Etiquetas:
25/01/2018

A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.

As bases son as seguintes:

1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas...

leer más
Etiquetas:
27/04/2016
O 5 de maio celébrase "Viveiro de poemas", unha homenaxe a Manuel María organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira.
 
O 5 de maio ás 20:30 horas terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o recital "Viveiro de Poemas".
 
Nel intervirán Patricia Álvarez, Adrián Ben, Moncho Bermúdez, Flor Chao, Andrés Díaz, Xoel Eijo, Alba Fernández, Suso Fernández, Margaret Licklider, Cristina L. Felipe, Teresa Penabad e Xosé M. Vázquez “Leman”. Nas actuacións musicais terá lugar a estrea da peza Sete pétalos de rosa, homenaxe a Manuel María, da que é compositor David Catá e interpretarán ao violín Juan Cabalar e ao piano o propio David Catá. Tamén intervirá o Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e proxectarase un vídeo de Abella Albo.
 
Nesta...
leer más