A Biblioteca Municipal de Foz convoca o XVII Certame de Poemas de Amor. O prazo de presentación dos traballos remata o 26 de febreiro.

A biblioteca pública municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca a décimo sétima edición do certame de poemas de amor. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro. Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.

As bases son as seguintes:

1) Poderán participar todas as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 anos en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberá acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá: nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 26 de febreiro de 2018 e tamén a través do correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es.
7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
       1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo.
       1º e 2º Premio xuvenil : Vale de 50 euros e cea - Vale de 30 euros e cea.
       1º e 2º Premio adultos: Vale de 100 euros e noite de hotel -  Vale de     60 euros e cea.
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a facer o uso que considere oportuno.
9) O fallo do xurado será anunciado a través do facebook do Concello, RadioFoz, a prensa ou ben chamando ao teléfono 982.140.675. A entrega de premios será nun acto a celebrar día 3 de marzo, sábado, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.
 
No acto de entrega de premios actuarán alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz e Felipe Sánchez.