Rock
Ribadeo acollerá un concerto solidario de rock na rúa San Francisco este sábado, 5 de xaneiro, ás 13:00 horas. Será para apoiar a Darius, un neno ribadense, de 8 anos de idade, que padece atrofia muscular espiñal e polo tanto necesita axuda constante, moitos medicamentos e fisioterapia.
Esta iniciativa está organizada por 5 músicos ribadenses, que son os que ofrecerán este concerto no que se recollerán fondos para apoiar a Darius.
O grupo ribadense de rock Remakers actuará este venres, día 28, na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, para presentar o seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas. Este traballo acaba de saír á venda en varias plataformas dixitais e tamén poderá mercarse en formato CD no concerto deste venres e nos seguintes establecementos ribadenses: Casa das Letras, Amodiño tenda bar, O Recuncho, Vírgula, Cienfuegos bar, Pícaros Mundi e O Cortello.
A actuación de Remarkers este venres está programada para as 23:30 horas, pero as portas de Rosa Lar abriranse media hora antes. Ademais do concerto haberá música a cargo de +Xampol, con Remember Minibar.
O prezo das entradas é de 5 euros.
O vindeiro 29 de abril ás 20:30 horas Khitara estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa súa peculiar visión do rock.
Tras a xira “Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock”, a formación volve ao directo presentando o seu novo Ep homónimo, no que a fusión entre a música clásica e o rock adéntranos nun universo sonoro sen precedentes. Khitara é unha agrupación formada por dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, un caixón flamenco e unha voz solista.
No directo, ademais dos temas do EP compostos por Jose Carballido, a banda revisa grandes clásicos dalgunhas das máis importantes bandas de rock da historia (Deep Purple, Led Zeppelin, Queen, Scorpions, Boston…) adaptándoos á súa curiosa formación. O resultado é unha sonoridade única e moi interesante que combina a dozura das guitarras clásicas coa forza das...
leer más