Canastra

Etiquetas:
01/12/2017

O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o sábado 16 de decembro a III Canastra Solidaria.

A cita, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, e a representante do Club organizador, María Mota.

Dende hoxe mesmo pódense entregar xoguetes novos que se recollen na Casa da Cultura de San Ciprián, e  tamén alimentos no supermercado Familia; que o mesmo día da actividade serán doados á Cruz Roja Española.

A programación comprende xogos infantís e máis sorpresas para ese día 16 de decembro, no que se desputarán dous encontros de baloncesto. O primeiro deles será a partir das 16:00 horas e será un partido de 2ª división...

leer más