O grupo ribadense Remakers ofrecerá un concerto o 28 de decembro na sala de festas Rosa Lar para presentar o seu novo disco.

O grupo ribadense de rock Remakers actuará este venres, día 28, na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, para presentar o seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas. Este traballo acaba de saír á venda en varias plataformas dixitais e tamén poderá mercarse en formato CD no concerto deste venres e nos seguintes establecementos ribadenses: Casa das Letras, Amodiño tenda bar, O Recuncho, Vírgula, Cienfuegos bar, Pícaros Mundi e O Cortello.

A actuación de Remarkers este venres está programada para as 23:30 horas, pero as portas de Rosa Lar abriranse media hora antes. Ademais do concerto haberá música a cargo de +Xampol, con Remember Minibar. 

O prezo das entradas é de 5 euros.