O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o 20 de decembro o concerto "Cantos de Amor", inspirado en poemas de Neira Vilas.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o domingo, 20 de decembro, ás 18:30 horas o concerto titulado Cantos de Amor.

A actuación correrá a cargo da soprano Victoria Álvarez Acón, con Vicente Castro Alonso ao piano, e está inspirada en poemas de Xosé Neira Vilas.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es.