festas de San Blas

19/01/2026

Vilaxoane, en Foz, celebrará as festas na honra a San Blas os días 3, 6, 7 e 8 de febreiro.

As actividades comezarán o martes 3 de febreiro, día do patrón. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.

Para o venres 6 febreiro está programada unha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Gran Parada.

O sábado 7 haberá sesión vermú co grupo D'Kris, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Principal.

E o domingo 8 febreiro celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2026, organizada pola Peña Fálame Sempre e para a cal poderán reservarse anticipadamente os tickets ata o día 03 de febreiro na librería A Rapadoira. Tamén...

leer más
18/01/2025

Vilaxoane, en Foz, celebrará as súas festas na honra de San Blas desde o día 31 de xaneiro ata o 3 de febreiro.

As actividades comezarán o venres 31 de xaneiro cunha verbena amenizada polo dúo Estrellas e a orquestra Gran Parada.

O sábado 1 de febreiro haberá sesión vermú con grupo Fénix, que tamén actuará na verbena, xunto á orquestra Solara.

O domingo 2 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2025, que organiza a peña Fálame Sempre. Haberá sesión vermú co Dj Take Sound a partir das 13:30 horas.

E o luns 3, Día do Patrón, ás 13:00 h celebrarase misa solemne e a continuación procesión e bendición do tradicional Pan de San Blas. Ás 18:30 horas haberá outra misa solemne e farase a imposición do santo todo o día.

Para estes festexos haberá...

leer más