O Concello de Barreiros ofrece o programa Escola de Familias con 3 obradoiros. Serán os días 23 de marzo, 27 de abril e 25 de maio

O Concello de Barreiros ofrece unha nova edición do programa Escola de Familias, que volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual. O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril. E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade. As tres xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.

As inscricións xa están abertas e para formalizala débese de acudir ao Concello de Barreiros. Tamén se pode descargala previamente desde a web municipal www.concellodebarreiros.gal

Para facilitar a asistencia ofrecerase un espazo paralelo dedicado ás crianzas co obxectivo de facilitar a conciliación á vez que se lles proporciona formación mentres xogan e desenvolven actividades.