Trécola Producións representa en Burela a obra "Coa música a outra parte". Será o 18 de novembro nunha carpa na praza da Mariña

A compañía de teatro de monicreques Trécola Producións, con máis de 40 anos de historia, levará a Burela esta divertida farsa inspirada en varias obras de Rafael Dieste

O espectáculo, para todos os públicos, será de balde e terá lugar o sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas nunha carpa instalada na praza da Mariña.

A cita forma parte da nova edición do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Deputación de Lugo, coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello de Burela.