Orquestral

Etiquetas:
13/03/2024

O XXXIII Curso de Formación Orquestral de Xove desenvolverase do 23 ao 27 de marzo e foi presentado cun acto no que participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Cultura, Dolores Meitín; e o director da actividade, Xan Carballal.
 
A organización anuncia que “esta 33ª edición do Curso de Formación Orquestral  introduce unha gran novidade, xa que a temática será en formato de conto musical, que compartirá tamén coa organización e traballo de grupos de música de cámara. Tanto o texto coma a música foi elaborado para a 33ª edición do Curso de Formación Orquestral de Semana Santa que organiza a asociación Prestoxove baixo o patrocinio do Concello de Xove. A música do conto está composta por Xan Carballal (director do curso de Formación Orquestral) e a lírica composta por Xulia Nogueira (directora da Escola Municipal de Música de Xove). Nesta...

leer más